Concello de Muras | Volta o teatro a Muras | Volta o teatro a Muras

?? Mañá estará canda nós o equipo de Curuxan, unha asociación que traballa as artes escénicas e audiovisuais como vehículo, ademais de para comunicar, de mellora de calidade de vida das persoas. ?No Local Social, ás 18:30 e como parte do programa de Deputación de Lugo Buxiganga, intepretarán “Improcedente”, cuxa sinopse adxuntamos. Aproveitade e vide a […]

teatro
Concello de Muras | Visítanos o afiador Rodesindo | Visítanos o afiador Rodesindo

Da man de Volta e Dalle Teatro chega canda nós Rodesindo da Barrosa, un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños galegos e do mundo acompañado da súa roda e axudado polo seu chifre de buxo. Rodesindo arranxa todo tipo de aparellos, pero tamén ten un apartado de I+ D no que deseña […]

Muras - teatro
Concello de Muras | Chega Buxiganga | Chega Buxiganga

O sábado 17 teremos no Local Social unha nova sesión do proxecto de dinamización de teatro afeccionado Buxiganga, da Deputación de Lugo. Nesta ocasión estará o Grupo Ardora con “Soños Cumpridos”. Unha comedia dun acto con protagonistas femininas que representan o amor pola terra, pola fala e por todo o que nos fai singulares e […]

cultura - Muras - teatro
Concello de Muras | Monólogo de Avelino González | Monólogo de Avelino González

O coñecido actor  da serie da TVG “Padre Casares” -agora o Raimundo de “Seis Hermanas”- estará canda nós presentando un monólogo baseado nos contos. “Gústanme moito. Gústanme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia”.

Galicia - monólogo - Muras - teatro
Concello de Muras | O mellor teatro galego | O mellor teatro galego

O sábado 30 de abril chega canda nós o grupo de teatro “Os quinquilláns”  coa obra “O espantallo amigo”. Protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, esta adaptación do xenial Neira Vilas foi estreada en decembro 2015 e xa leva máis de 50 funcións por toda Galicia. Agora é quenda de Muras.

Galicia - Muras - teatro
Concello de Muras | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?” | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?”

A Área de Cultura da Deputación tráenos o vindeiro 24 de abril, dentro dos actos de celebración do Ano Castelao, un espectáculo baseado en historias e contos inspirados nos textos e debuxos deste marabilloso intelectual que deixou unha pegada única. A cita: as 19.00 horas no noso Local Social. Non deixes pasar esta oportunidade!

Galicia - Muras - teatro
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais