Concello de Muras | OBRADOIRO DE CONSERVAS ARTESÁS | OBRADOIRO DE CONSERVAS ARTESÁS

O sábado 15 de outubro no local social do Concello de 10 a 14 e de 16 a 19 impartirase este entretido e práctico obradoiro con 20 prazas por rigorosa orde de inscrición e dando prioridade @s empadronad@s no Concello de Muras. Podedes anotarvos dende o luns 10 ata o venres 14 nas oficinas do […]

gastronomía - Muras - obradoiro
Concello de Muras | ORDENANZA DA LUZ E MODELO SOLICITUDE | ORDENANZA DA LUZ E MODELO SOLICITUDE

O Concello de Muras aprobou no orzamento de 2016 unha partida de 150.000 € de recursos propios para axudar ao pagamento da factura da luz a todos os veciños e veciñas empadroados no municipio. Deixamos para consulta e descarga tanto a Ordenanza-luz coma o Modelo de Solicitude para tod@s @s interesados.

luz - Muras
Concello de Muras | BASES REGULADORAS PARA A VENDA AMBULANTE NA FEIRA DO POLDRO | BASES REGULADORAS PARA A VENDA AMBULANTE NA FEIRA DO POLDRO

Aquí volas deixamos para a vosa consulta e descarga. Lembramos que @s comerciantes que queiran estar o día 25 no Monte da Gañidoira farán a inscrición no Concello de Muras en horario de oficina, de 8:30 a 14:30 horas.

feira - mercado - Muras - poldro
BASES REGULADORAS DA CARREIRA DA FEIRA DO POLDRO E GANDO DO MONTE

Adxuntamos o documento coas bases para a vosa descarga (premendo na nova). Os corredores farán a solicitude ao Concello de Muras e entregarana  entre o 19 de setembro e a mañá do día 25.

cabalos - feira - gando - Muras - poldro
Concello de Muras | Chega Buxiganga | Chega Buxiganga

O sábado 17 teremos no Local Social unha nova sesión do proxecto de dinamización de teatro afeccionado Buxiganga, da Deputación de Lugo. Nesta ocasión estará o Grupo Ardora con “Soños Cumpridos”. Unha comedia dun acto con protagonistas femininas que representan o amor pola terra, pola fala e por todo o que nos fai singulares e […]

cultura - Muras - teatro
Concello de Muras | SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O OBRADOIRO DE CARPINTEIRÍA | SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O OBRADOIRO DE CARPINTEIRÍA

O vindeiro mércores 21 de setembro procederáse a esta selección, polo que tod@s @s interesad@s deben poñerse en contacto co concello canto antes. Adxuntamos o PDF co anuncio. Premede na nova para descargalo.

emprego - Muras - obradorio
Concello de Muras | Comeza a Feira do Poldro 2016! | Comeza a Feira do Poldro 2016!

Chega unha das citas máis importantes para o noso concello: o día 24 de setembro hai Churrascada e Gincana de cabalos, e o 25 o día da feira propiamente dita, que vai pola XXIX edición. Dado o éxito, repetimos as II Xornadas de Degustación, así que animádevos a traer xente ata o concello.  Descargade os […]

cabalos - feira - gastronomía - Muras - poldro - tapas
Concello de Muras | Última semana do Campamento de Verán infantil | Última semana do Campamento de Verán infantil

Dado o éxito do Campamento para os nenas e nenos de Muras, organizamos a “derradeira” edición deste verán. Cun custo de 15 euros comeza o luns 29 de agosto ata o venres 2 de setembro de 10:00 a 12:30 da mañá na área Recreativa A Veiga e sempre con monitores titulados. Hai 2o prazas. Actividades […]

campamentos - Muras - verán
Concello de Muras | Muras implanta “Xantar na casa” | Muras implanta “Xantar na casa”

É un servizo para maiores de 60 anos con limitacións, e dependentes. Levaríaselles comida ao domicilio os sete días da semana cun custo de 1,67 euros ao día, un menú  adaptado ás súas necesidades. Para máis información: Servizos Sociais do Concello, 982 50 01 20. Premede na nova para ver o tríptico.

dependencia - Muras - servizos sociais
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais