Concello de Muras | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social

Seguindo co proceso de selección, adxuntamos agora en PDF o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición que poderedes descargar ao pinchar na noticia. Primeiro exercicio

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Valoración de méritos para o contrato dun/dunha traballador/a social | Valoración de méritos para o contrato dun/dunha traballador/a social

Adxuntamos o PDF onde ver os resultados do proceso selectivo co listado, en orde descendente, segundo os puntos acadados tras sumar formación, experiencia e outros méritos. Hai un prazo de tres días para reclamacións. A data do primeiro exercicio de oposición será o 19 de abril ás 10:00 no Local Social do Concello. (LISTA)  

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Pleno Infantil | Pleno Infantil

Coa intención de que os nenos e nenas de Muras coñezan un pouco máis a vida do concello e que participen directamente nela, este 6 de maio organizarase un pleno especial onde os protagonistas serás os cativos e cativas do noso colexio: o CEIP Antía Cal Vázquez. Será entre as 10:00 e 12:00 horas.

Galicia - Muras
Concello de Muras | Pleno Ordinario | Pleno Ordinario

O Salón de Plenos acolle o 28 de abril ás 20:00 o Pleno Ordinario. Lembrámosvos que no punto de Rogos e Preguntas estades no dereito de formular preguntas que debe contestar o goberno nese momento ou, por escrito, antes da celebración do seguinte, así como de presentar Rogos para que consten en acta.

Galicia - Muras
Concello de Muras | Obradoiro de Poda e Enxerto de Frondosas | Obradoiro de Poda e Enxerto de Frondosas

Este 16 de abril  teremos un interesante obradoiro para saber cómo facer correctamente unha boa poda así como os mellores enxertos nas especies frondosas e o mellor momento para estes traballos. Garantiremos unha longa vida as máis fermosas das nosas nosas árbores.

árbores - Galicia - Muras - poda
Concello de Muras | O mellor teatro galego | O mellor teatro galego

O sábado 30 de abril chega canda nós o grupo de teatro “Os quinquilláns”  coa obra “O espantallo amigo”. Protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, esta adaptación do xenial Neira Vilas foi estreada en decembro 2015 e xa leva máis de 50 funcións por toda Galicia. Agora é quenda de Muras.

Galicia - Muras - teatro
Concello de Muras | Lista de admitid@s para a contratación dun traballador ou traballadora social | Lista de admitid@s para a contratación dun traballador ou traballadora social

Aquí vos deixamos a resolución 031/2016 xa coa lista de admitidos e admtidas pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social: t social

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Lista de admitid@s e excluíd@s para a contratación dun traballador ou traballadora social | Lista de admitid@s e excluíd@s para a contratación dun traballador ou traballadora social

Aquí vos deixamos a resolución 029/2016 de admitidos e excluídos pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social. https://muras.gal/wp-content/uploads/2016/04/T.-social.pdf

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?” | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?”

A Área de Cultura da Deputación tráenos o vindeiro 24 de abril, dentro dos actos de celebración do Ano Castelao, un espectáculo baseado en historias e contos inspirados nos textos e debuxos deste marabilloso intelectual que deixou unha pegada única. A cita: as 19.00 horas no noso Local Social. Non deixes pasar esta oportunidade!

Galicia - Muras - teatro
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais