DIA MUNDIAL DAS ABELLAS

Concello de Muras | DIA MUNDIAL DAS ABELLAS |

🐝🧡A ONU decidiu implantalo a finais de 2017  para lembrar e visualizar a importancia que ten este fermoso insecto no equilibrio ecolóxico, e para achegar ideas para a sua proteción.  O 20 de maio foi a data elixida porque coincide co nacemento de Anton Janša que, no século XVIII, foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país, Eslovenia.

A abella é quen de visitar ao redor de 7 000 flores ao día e é unha infatigable provedora de mel, cobizado desde hai milenios como alimento e medicina e do que producimos de tanta calidade na nosa contorna. De aí que a Casa do Mel (Goente-AsPontes) organize para este 20 de maio á tarde do domingo entretidas actividades para tod@s: maiores e cativos.

Pódeste inscribir vía whatsapp no: 603 482 401 👋

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete