Curso de plantas aromáticas e medicinais

Concello de Muras | Curso de plantas aromáticas e medicinais |

Non volo perdades, é gratuíto.  Maria Frá Bagaria, de A Estruga,  virá A dalo o sábado 5 de Maio ata a Escola do Viveiró. Serán 8 horas repartidas en sesións de 4 horas (de 10:00 a 19:00) para 20 persoas. Entre as cousas que aprenderemos:

– Colleita, secado, conservación, preparados (tisanas, emplastos, pomadas…)
– Identificación e usos medicinais das herbas silvestres 🌾🌿. Herbas da horta, herbas dos campos e herbas dos camiños. Colleita e preparación. Receitas.
– Herbas medicinais cultivábeis, receitario e elaboración de preparados. Os produtos realizados nas prácticas son para que cada quen leve unha mostra a casa. Haberá unha saída pola zona para recoñecer as plantas que temos próximas.

Se queredes ir chamade ao 982 500001 ou escribide a administracion@muras.gal.  Hai tempo para anotarse ata o mércores 3 de maio. Premendo aquí tedes toda a información 👉  O CURSO

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete