Máis de cen inscritos ao I Trail das Bestas

Concello de Muras | Máis de cen inscritos ao I Trail das Bestas |

?Pero a organización agarda superar as 150: as inscricións aínda están abertas en tracktherace.com . Inclúen: seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos -dous sólidos e un líquido no percorrido longo e un de cada no curto-, camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguemento XPS e duchas ? .

Tamén haberá servizo de conciliación  coa instalación dun punto de atención aos cativ@s ??con actividades.

Prezos ?: 18 euros para o percorrido 25,6 km se a inscrición é ata o 30 de outubro de 2017 ou de 22, dende o 31 de outubro ata o 2 de novembro ás dez da noite. E para o percorrido de 16 km  serán 15 euros na primeira data e 18 na segunda.

Como sabedes, esta inicitiva do Concello de Muras procura, en palabras do alcalde Manuel Requijo, “poñer en valor o concello e a Serra do Xistral, porque ten moita potencialidade para este tipo de actividades”. O  tenente de alcalde, Mario Rouco, asegura que será un “bonito evento que facía falta en Muras dende fai moito tempo, porque somos un recuncho do rural impresionante”. O Goberno da Deputación achega 5.000 euros para a organización e o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, afirmaba durante  presentación deste venres (na imaxe de apertura) que “é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos”.

PERCORRIDO E PREMIOS
O I Trail das Bestas de Muras comeza o vindeiro 5 de novembro ás 9:30 da mañá ⏱  na Área Recreativa da Veiga. As categorías son: sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana a partir dos 46 anos. Haberá trofeos ? para os tres primeiros de ambas categorías.

O percorrido será circular ? con saída e meta nesta mesma área nun circuíto marcado con cinta de balizamento e sinais de dirección nos cruces. “Será variado xa que hai zona de pistas, sendeiros e pastizais de campo a través. Ademais é dinámico, cremos que lle vai gustar aos participantes” afirman Jose Balseiro e Pablo López, do club Galiorent. A previsión é que o primeiro corredor do percorrido longo estea de volta en dúas horas e media, e o do percorrido curto en hora e media.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais