Axudas a plantacións forestais

Concello de Muras | Axudas a plantacións forestais |

O PRAZO para pedilas remata o 28 de maio e as solicitudes deben facerser por vía electrónica: se tedes problemas ou dúbidas chamade  ao Gabinete Técnico Agropecuario Terra Cha ao 982 523 649, ou ao concello.

A densidade mínima da plantación 🌳🌲🌳🌲 que cómpre:

a) Coníferas: 1.100 plantas/ ha

b) Frondosas: 625 planas /ha

Actuación obxecto de axuda e importes máximos subvencionables:

a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais
a. O importe máximo do investimento en euros por hectárea será de 1.853 euros en especies do anexo I (coíferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).
b) As infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro da orde.

  1. 255 € por cartel
  2. 7.580 € por qm de peche perimetral
  3. 2.956,07 € por qm de arranxo de pista forestal

c) Tamén subvencionaranse os honorarios de redacción de proxecto. Aquí tedes toda a información polo miúdo 👉 AXUDAS PLANTACIONS FORESTAIS

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete