Aproveitamentos forestais e viaxe apícola

Concello de Muras | Aproveitamentos forestais e viaxe apícola |

Informamos agora de dúas citas moi interesantes para esta fin de semana.

🌳 A primeira ten un perfil formativo e será este sábado 2 de xuño de 10:00 a 20:00 na Aldea Etnográfica de Carelle: I Xornadas de Aproveitamentos Forestais Sostibles con demostracións e rutas por Carelle. Hai prazas limitas. No cartaz de abaixo tedes toda a información.

🐝E a seguinte cita é a II Viaxe Apícola por Muras, iniciativa que se repite dado o éxito da do ano pasado. Comeza ás 9 da mañá deste domingo 3 de xuño e dura ata as 20:00 da tarde. Organizada coa Casa de Mel de Goente o programa inclúe visita a explotacións de mel, un xantar e obradoiros. Taméns tedes o cartaz con todos os datos para anotarvos. Que as desfrutedes!

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete