Aprobación unánime dos orzamentos municipais

Concello de Muras | Aprobación unánime dos orzamentos municipais |

A corporación deu o visto bó ao orzamento municipal de 2017 que ascende a 1.733.050 euros.  O capítulo de persoal suma 431.358 euros e o de gastos correntes, 900.000 euros. Hai unha partida de 130.000 euros para a bonificación do recibo da luz aos veciños, investiranse 177. 392 euros no arranxo da Ponte Bermuz, na compra de mobiliario para o PAI, no acondicionamento dun salón de actos na antiga casa do médico e na construción dunha senda peonil dende a área recreativa da Veiga ata as Vivendas Sociais, entre outras actuacións.

No orzamento do ano 2017 subiron as partidas que cubren os servizos básicos como son Xantar no Fogar e Axuda no Fogar.

Todo aquel veciño que o desexe poderá revisar as contas estando á súa disposición nas oficinas administrativas do Concello.

Informamos tamén que, con cargo ao Fondo de Compensación Medioambiental 2017 -fóra dos orzamentos- irán cartos para os seguintes proxectos: luz pública nos núcleos rurais, mellorar 65 quilómetros de foxos de estradas, crear un Punto Limpo, contratar 10 peóns e un técnic@ medioambiental, a compra dunha desbrozadora de chan para o desbroce de estradas, reformaranse as traídas de augas municipais e tamén levarase a cabo a creación dunha Aula da Natureza.

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo

Suscríbete