ALERTA AMARELO POR TORMENTAS E VENTO

Concello de Muras | ALERTA AMARELO POR TORMENTAS E VENTO |

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa de fenómenos meteorolóxicos adversos por: TORMENTAS para o centro e montaña da provincia de LUGO que comezan ás 3:00 do 28 de xuño e prevese que remita a noite desa xornada. E VENTOS para A Mariña de LUGO que comezarán ás 11:00 do 29 de xuño prevese que remitan a noite desa xornada.

Existe a posibilidade de que se poidan producir de forma puntual tormentas de intensidade superior. POLO QUE, EN PREVISIÓN, adopten as medidas necesarias e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN medios e recursos dispoñibles. Ante calquera emerxencia ❗️?chame ao 112. No caso de precisar información puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete