ACTIVIDADES AGROECOLÓXICAS

Concello de Muras | ACTIVIDADES AGROECOLÓXICAS |

Profesionais do Espazo Agroecolóxico “A Estruga” dan 4 obradoiros e 4 charlas gratuitas en diferentes datas ao longo deste ano e 2018. Informámosvos das máis cercanas e impartidas en Muras para que poidades apuntarvos. Poden ir todas aquelas persoas interesadas en introducirse ou ampliar coñecementos en agroecoloxía ?????‍??‍? , se ben teñen preferencia os empadroados no noso concello.

A semana que vén está programada a charla Xestión agroecolóxica de pragas e enfermidades máis comúns na horta:

23 Agosto 2017 de 19:30 ata 21:30 en Muras
24 Agosto 2017 de 19:30 ata 21:30 na Balsa

E en setembro está programada Tratamento postcolleita na horta, e agora que?
21 setembro 2017 de 19:30 ata 21:30 en Muras
22 setembro 2017 de 19:30 ata 21:30 na Balsa.

Vai aquí o tríptico con toda a información. E chamade ao concello ao  982 500 001 ou enviade un mail a mediorural@muras.gal para calquera dúbida ? Triptico resume

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais