ABERTO O PROGRAMA TERMAL DA XUNTA

Concello de Muras | ABERTO O PROGRAMA TERMAL DA XUNTA |

Resumimos a Orde que regula a oferta de prazas do Programa de Benestar en Balnearios para este 2017.

1. Para ser beneficiarios cómpre ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, ser pensionista  da Seguridade Social. Tamén hai que estar empadroado en calquera concello galego e carecer de contraindicación médica.

2. Hai 600 prazas cunha duración de 10 días por quenda, e as quendas serán entre abril e decembro de 2017.

3. Servizos ofertados: aloxamento e manutención en pensión completa en cuartos dobres, tratamentos termais, actividades e póliza colectiva de seguro. O desprazamento vai por conta das persoas beneficiarias.

4. O prazo para a presentar as solicitudes remata o 6 de abril e presentaranse preferiblemente vía electrónica mediante este formulario. Vai aquí o PDF con toda a información polo miúdo. PDF TERMAL

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete