Muras na xuntanza de presentación da Guía sobre A Rede Natura 2000

Concello de Muras | Muras na xuntanza de presentación da Guía sobre A Rede Natura 2000 |

 🌳 Informamos  que o Tenente de Alcalde de Muras e concelleiro de medio ambiente e medio rural, Mario Rouco, asistiu representando ao noso concello á xornada de presentación da Guía para concellos sobre A Rede Natura 2000 o 7 de xullo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Alí estivo xunto a responsables políticos e técnicos ambientais das Administracións locais, persoal técnico implicado na xestión dos espazos naturais protexidos, persoal dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local de Pesca, educadores ambientais, naturalistas, biólogos e profesionais.  Rouco explica que “a Xunta presentou un CD para clarificar que se pode facer ou non facer en Rede Natura. E témolo no concello, está a disposición de calquera veciño”.

Lembramos que a Deputación de Lugo conseguiu hai un mes escaso 2 millóns de euros da Unión Europea para investir nun novo proxecto Life e mellorar o aproveitamento do monte na Serra do Xistral.  Foi desenvolvido xunto coas universidades de Compostela e A Coruña. O obxectivo: mellorar o aproveitamento que fan os veciños dos montes veciñais da Serra do Xistral en Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro. A presentación oficial farase en setembro.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete